Nova

21 de novembro de 2013

Xornada Proamare

Patrimonio marítimo e accións para a súa recuperación e posta en valor como reclamo turístico

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR organiza, o vindeiro martes 26 de novembro, unha xornada dedicada ó patrimonio marítimo e ás accións que para a súa recuperación e posta en valor, como reclamo turístico en Galicia-Norte de Portugal, levou a cabo a institución a través do proxecto europeo PROAMARE.

Durante o evento, que comezará ás 11:00 horas na sede de CETMAR en Vigo de acordo co programa que se achega, presentarase tamén a ruta marítima deseñada polos socios deste proxecto, entre os que se atopa a Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho, a Câmara de Caminha e a Fundaçao Gil Eannes.


O historiador Dionisio Pereira pechará a xornada cun relatorio sobre a patrimonialización da cultura marítima no litoral español.

Xornada Proamare