Socios >> Cetmar

Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR

QUÉ PRETENDEN CONSEGUIR

Un mar máis sostible, fomentando o seu desenvolvemento integral, e un sector marítimo-pesqueiro máis competitivo.

Traballamos coordinando e integrando os recursos mariños de investigación e tecnoloxía; fomentando a participación das empresas en actividades de innovación; actuando como consultora de referencia para as administracións públicas e a industria do mar e fortalecendo vínculos entre as institucións implicadas na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.

A nosa actividade céntrase na coordinación e xestión de proxectos de I+D+i e de cooperación internacional e na prestación de diferentes servizos nos ámbitos nacional, europeo e internacional.

As liñas estratéxicas que orientan as nosas accións son seis: xestión do medio mariño e os seus recursos; seguridade alimentaria; cambio climático, ecosistemas mariños e litorais; dinamización e diversificación do tecido social e produtivo; xestión da innovación, divulgación e transferencia de coñecemento e, finalmente, lexislación, organización gobernamental e políticas públicas.

Datos de contacto

c/ Eduardo Cabello, s/n, Bouzas, 36208 VIGO 986 247 047 986 296 019 secretariageneral@cetmar.org 42º 13' 38.4312" N , 8º 45,7' 41" W

Ligazóns de interese

http://www.cetmar.org