Socios >> Gil Eannes

Fundación Gil Eannes

QUÉ PRETENDEN CONSEGUIR

1. Contribuír ó desenvolvemento cultural, turístico e científico, especialmente en áreas relacionadas co mar.

2. Promover a creación no navío-hospital Gil Eannes dun espazo museolóxico.

O navío-hospital Gil Eannes foi construído nos estaleiros navais de Viana do Castelo. Iniciou a súa actividade como hospital en 1955, apoiando durante décadas a frota bacallaeira portuguesa que actuaba nos bancos de Terra Nova e Groenlandia.

Desactivada a frota bacallaeira podreceu nas docas de Lisboa tras moitos anos.

En 1998 a Fundación Gil Eannes, considerándoo patrimonio cultural e afectivo da cidade, rescatouno da chatarra por unha cantidade de ó redor de 250.000 euros, despois dunha inédita campaña que envolveu todos os estratos sociais vianenses.

O 31 de xaneiro de 1998 foi recibido con festexos na desembocadura de Lima, onde, tras limpalo e restauralo, se abriu ó público, e considerouse como un polo de atracción para Viana do Castelo.

Abriuse ó público como navío-museo en agosto de 1998 e desde entón os visitantes poden navegar pola ponte de mando, a cociña, o forno de pan, a sala de máquinas, o consultorio médico, a sala de tratamentos, o gabinete de radioloxía, diversos camarotes e as salas de exposición temporais.

Ademais do museo o navío aínda integra nas antigas enfermerías un albergue con capacidade para 66 camas, unha tenda de recordos, unha sala de reunións, un simulador virtual de navegación e quioscos multimedia con información sobre a historia do navío-hospital e a pesca do bacallau.

Datos de contacto

Fundación Gil Eannes Navio Gil Eannes Doca Comercial 4900-321, Viana do Castelo Portugal 351 258 809 710 351 258 809 719 geral@fundacaogileannes.pt 41º41'24,53"N / 8º49'48,58"W

Ligazóns de interese

www.fundacaogileannes.pt