Actuacións >> Actividades / Accións

Actividades

  • Acción 1

    actividad1-accion1

    Identificar os colectivos interesados (axentes locais, profesionais, sociais, etc.)

    A creación dun inventario que identifique o conxunto de actores implicados en ambos os lados da fronteira e das actividades que desenvolven. O aproveitamento de sinerxías entre os colectivos e o desenvolvemento do conxunto de actuacións favorece o incremento da sensibilización da poboación das zonas costeiras onde actúa o proxecto na conservación do patrimonio marítimo conxunto.

  • Acción 2

    actividad1-accion2

    Constitución da Rede Transfronteiriza de Promoción e dinamización turística da área marítima de G-NP

    Unha vez identificados os colectivos crearase unha rede para o intercambio de experiencias entre os axentes implicados. Así mesmo, esta Rede Transfronteiriza permite a participación da poboación en accións de intercambios de coñecementos para a valorización do patrimonio marítimo conxunto.

  • Acción 1

    actividad2-accion1

    Informe sobre o estado da arte na valorización do patrimonio marítimo

    A existencia dunha notable tradición mariñeira e náutica da rexión Galicia-Norte de Portugal convértese nun elemento diferenciador. Para a súa posta en valor desenvólvese un catálogo de elementos que compón o patrimonio marítimo da rexión que, unido a un informe sobre o coñecemento doutras experiencias vividas noutras rexións europeas, dará como resultado unha proposta de rutas para ser aproveitadas comercialmente.

  • Acción 2

    actividad2-accion2

    Estudo de viabilidade sobre explotación de rutas turístico-culturais que integren recursos de ambos os lados da fronteira

    Coas conclusións do catálogo e o informe mencionados anteriormente analizaremos a viabilidade económica, social e medioambiental das potenciais rutas turístico-culturais. Estas rutas tratan de combinar recursos marítimos de ambos os lados da fronteira Galicia-Norte de Portugal.

  • Acción 3

    actividad2-accion3

    Transferencia de resultados e boas prácticas

    Mediante encontros multisectoriais entre actores sociais, empresariais, locais e a poboación en xeral lograremos a transmisión de habilidades e coñecementos adquiridos durante as investigacións e traballos anteriores, así como as boas prácticas vinculadas á valorización do patrimonio marítimo.

  • Acción 1

    actividad3-accion1

    Mellora da accesibilidade dos peiraos e dos portos catalogados

    Coas melloras en accesibilidade orientadas en portos e peiraos catalogados como patrimonio marítimo lograremos que a cultura marítima estea ó alcance de todos, sobre todo para aquelas persoas con discapacidade.

  • Acción 2

    actividad3-accion2

    Rehabilitación e musealización de embarcacións tradicionais de valor patrimonial de G-NP

    A rehabilitación de embarcacións de carácter tradicional e a súa orientación cara a actividades turísticas ou a súa musealización, mostrará o patrimonio marítimo comprendido na rexión Galicia-Norte de Portugal.Especificamente, a Fundação Gil Eannes actuará no Navio Hospital Gil Eannes, construído em 1955 para apoiar a frota bacalhoeira de Portugal nas zonas de Terra Nova e Gronelândia, para usos culturais e lúdicos.

  • Acción 1

    actividad4-accion1

    Planificar e executar a promoción do potencial turístico do patrimonio marítimo de Galicia-Norte de Portugal (G-NP).

    Co fin de revalorizar o patrimonio marítimo da rexión transfronteiriza deseñaremos e elaboraremos un plan de promoción co obxecto de difundir permanentemente e de forma sostible este novo recurso turístico-cultural. Un claro exemplo sería a asistencia a feiras de turismo de Galicia e norte de Portugal.

  • Acción 2

    actividad4-accion2

    Mostrar o potencial turístico do patrimonio marítimo común a través de dúas rutas-piloto que integren recursos de ambos os lados da fronteira G-NP

    Mostraremos o potencial das rutas deseñadas polo patrimonio marítimo entre autoridades, actores sociais, empresariais, locais e poboación en xeral. Realizaremos dúas rutas sobre o patrimonio marítimo (unha por mar e outra por terra) cunha visita a elementos de ambos os dous lados da fronteira coa participación de todas as entidades integradas no proxecto e o público en xeral.

  • Acción 3

    actividad4-accion3

    Encontro transfronteirizo de embarcacións tradicionais

    Exaltaremos o potencial turístico que atesoura o patrimonio marítimo común entre Galicia e Norte de Portugal coa celebración dunha exhibición de embarcacións tradicionais a ambos os dous lados da fronteira. Isto complementarase cun ciclo de xornadas paralelo a tal evento e con xornadas gastronómicas.