Localización

Localización do proxecto

A principal zona xeográfica de intervención deste proxecto será a integrada pola provincia de Pontevedra en Galicia, principalmente na súa franxa costeira, e a área costeira constituída polos municipios de Caminha e Viana do Castelo.

Localización

  • Socios do proyecto
  • Área de influencia do proxecto

O proxecto desenvolverase na zona costeira comprendida entre a desembocadura do río Ulla, situada entre as provincias de Pontevedra e A Coruña, e o río Lima, que desemboca en Viana do Castelo. Está integrada a área costeira transfronteiriza da provincia de Pontevedra e polos municipios de Caminha e Viana do Castelo.

A elección destes lugares xustifícase na existencia de condicións propicias de ámbito xeográfico para a realización das actividades.

O territorio de influencia do proxecto comprende a provincia de Pontevedra e Minho-Lima, onde reside un total de 1.212.862 persoas nunha superficie de 6.713,4 km2, cunha densidade de poboación de ó redor de 180,66 habitantes/km2. Trátase da fronteira máis importante no ámbito do emprego que existe entre Portugal e España, xa que sobre 500 viaxeiros cruzan a diario, ou polo menos unha vez por semana, a fronteira no eixo Tui-Valença para traballar.


A actual pirámide de poboación e a estrutura económica indican que se está a producir un cambio progresivo da pesca ó turismo. Dado que a zona de intervención dispón de fachada litoral e tradición marítima é ideal para realizar as actividades programadas no Proamare. Ademais, a tradición ancestral mostra que o clima atlántico nesta área é favorable á navegación e á pesca e, polo tanto, á implementación das accións concretas contempladas neste proxecto.

Localización Europa Localización Europa Localización Península Ibérica Localización Península Ibérica Localización Galicia-Portugal Localización Galicia-Portugal Localización Pontevedra - Minho Localización Pontevedra - Minho