Socios

Socios

  • Deputación de Pontevedra

    Imagen peque

    Como entidade promotora do proxecto Proamare, a Deputación de Pontevedra e os socios pretenden valorizar o patrimonio marítimo transfronteirizo creando destinos turísticos sostibles, accesibles e de calidade. Ademais de levar a coordinación xeral do proxecto, participa activamente en determinadas accións, contando para iso con persoal propio dedicado exclusivamente a coordinar, desenvolver e dirixir esas accións.

  • Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR

    Fundación pública promovida no ano 2001 pola Xunta de Galicia e o Goberno de España e con sede en Vigo.

  • Fundación Gil Eannes

    A Fundación Gil Eannes é unha empresa de dereito privado, sen fins lucrativos, constituída en 1998, que lle adquiriu o navío-hospital Gil Eannes a un chatarreiro.

  • Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima

    A Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima, tamén denominada por CIM Alto Minho, constituíuse o 15 de outubro de 2008 como persoa xurídica de dereito público, englobando os municipios do Minho-Lima.

  • Concello de Caminha

    O municipio de Caminha é unha persoa xurídica de dereito público, dotada de territorio, poboación, atribucións e órganos propios -executivo e deliberativo, ambos con competencias propias-. Cunha área ó redor dos 138 km2, o concello está formado por 20 freguesías e ten unha poboación residente de 16.684 habitantes.