Socios >> Caminha

Concello de Caminha

QUÉ PRETENDEN CONSEGUIR

O municipio de Caminha é unha persoa xurídica de dereito público, dotada de territorio, poboación, atribucións e órganos propios -executivo e deliberativo, ambos con competencias propias-. Cunha área ó redor dos 138 km2, o concello está formado por 20 freguesías e ten unha poboación residente de 16.684 habitantes.

"Mosaico de Paisaxes", así é como se define Caminha, o concello do litoral norte de Portugal marcado pola beleza e pola diversidade. Limita polo sur con Viana do Castelo, polo norte co río Miño, polo leste cos concellos de Vila Nova de Cerveira e Ponte de Lima e polo oeste co océano Atlántico. Caminha ten a Galicia ó outro lado do río Miño.

A súa paisaxe é diversificada e a vexetación exuberante. O clima é temperado e agradable, cunha forte influencia marítima, e a temperatura media anual rolda os 15 ºC.

Con magníficas praias, vistas de beleza estraña, serra e ríos… "o mosaico de paisaxes" é rico en termos ambientais, paisaxísticos, recursos naturais, patrimoniais, culturais e gastronómicos.

Datos de contacto

Largo Calouste Gulbenkian 4910-113 Caminha Portugal +351 258 710 300 +351 258 710 319 geral@cm-caminha.pt 41º 52' 34.7772'' N , 8º 50' 19.636'' W

Ligazóns de interese

http://www.cm-caminha.pt/ http://www.caminhaturismo.pt/