Socios >> Cim Alto Minho

Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima

QUÉ PRETENDEN CONSEGUIR

O seu propósito fundador é facer desta zona territorial un espazo de excelencia ambiental con capacidade para desenvolver unha nova conxugación de recursos e actividades turísticas, de enerxías renovables, de acollemento empresarial e de provisión de servizos de proximidade con calidade e modernidade, que respondan ós desafíos de competitividade, cohesión e sostibilidade.

A Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima, tamén denominada CIM Alto Minho, constituíuse o 15 de outubro de 2008 como persoa xurídica de dereito público, e engloba os municipios do Minho-Lima: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira.

 

As súas principais asignacións inciden en promover a planificación e a xestión da estratexia do desenvolvemento económico, social e ambiental do territorio abranguido; en articular os investimentos municipais de interese intermunicipal; en participar na xestión de programas de apoio ó desenvolvemento rexional, especialmente no ámbito do Marco de Referencia Estratéxico Nacional (en portugués QREN); e en planificar as actuacións de entidades públicas de carácter supramunicipal.

 

Asegura tamén a articulación das actuacións entre os municipios e os servizos da Administración central nas seguintes áreas: redes de abastecemento público, infraestruturas de saneamento básico, tratamento de augas residuais e residuos urbanos; rede de equipamentos de saúde; rede educativa e de formación profesional; ordenamento do territorio, conservación da natureza e recursos naturais; seguridade e protección civil; mobilidade e transportes; redes de equipamentos públicos; promoción do desenvolvemento económico, social e cultural e rede de equipamentos culturais, deportivos e de lecer.

Datos de contacto

CIM ALTO MINHO (SEDE) Castelo de Santiago da Barra 4900-360 Viana do Castelo
SERVICIOS TÉCNICOS DE VIANA DO CASTELO Rúa Bernardo Abrunhosa, núm. 105 4900-309 Viana do Castelo
SERVICIOS TÉCNICOS DE PONTE DE LIMA Edificio Villa Moraes Rúa João Rodrigues Morais 4990-121 Ponte de Lima
TÉCNICOS DE VALENÇA Avda. Miguel Dantas, núm. 69 4930-678 Valença
+351 258 800 200 (Servicios Técnicos de Viana do Castelo)
+351 258 909 340 (Servicios Técnicos de Ponte de Lima)
+351 251 800 550 (Servicios Técnicos de Valença)
+351 258 800 220 (Servicios Técnicos de Viana do Castelo)
+351 258 909 349 (Servicios Técnicos de Ponte de Lima)
+351 251 800 553 (Servicios Técnicos de Valença)
geral@cim-altominho.pt Viana do Castelo 41°41'43"N, 8°50'9"W
Ponte de Lima 41°45'55"N, 8°35'5"W
Valença 42° 1'23"N, 8°38'28"W

Ligazóns de interese

http://www.cim-altominho.pt/ http://www.gac.cim-altominho.pt/