Aviso Legal

Aviso Legal

Advertencias legais de uso

PRIMEIRA.- Os dereitos de propiedade intelectual da web "www.proamare.depo.es" corresponden en exclusiva á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. A utilización por terceiro só poderá producirse previa autorización, citando a súa orixe e propiedade. Calquera utilización á marxe do exposto, incluíndo os fins comerciais ou de calquera outra maneira inadecuados, infrinxen os dereitos de propiedade intelectual. O acceso e utilización da web é responsabilidade única do usuario.

SEGUNDA.- Neste portal utilízanse cookies para lle ofrecer un mellor servizo á cidadanía e consérvase unicamente a información relativa ós datos da sesión e o idioma.
A información é totalmente anónima e en ningún caso se asocia a un usuario concreto e identificado.
No caso de que vostede non desexe recibir cookies ten a posibilidade de configurar o seu navegador.

TERCEIRA.- O tratamento de datos de carácter persoal queda sometido á Lei orgánica 15/1999 e ó Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro que desenvolve o regulamento da citada Lei.

CUARTA.- A información contida na web ten carácter meramente orientativo e non vinculante, susceptible por isto de modificacións en calquera momento e, en todo caso, non prevalente nin preponderante sobre os trámites e prazos contidos en calquera norma de procedemento ou de calquera outra natureza, das publicacións preceptivas ou facultativas que deban levarse a cabo no DOCE, BOE, DOGA, BOP e outros nin do disposto no RD 208/96 que regula os servizos de información administrativa.

QUINTA.- Os enlaces a "webs" de terceiros ("links") non xeran responsabilidade ningunha á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

SEXTA.- A Deputación advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado ("SPAM") dirixido a contas de correo electrónico utilizadas na web dará lugar á esixencia da oportuna responsabilidade que houbese lugar ó remitente.